Grupo de investigación Te-Bio (GI-1934-TB)

Te-Bio ten a súa orixe no Laboratorio do Territorio e o Laboratorio de Biodiversidade creados en 1995 e que uniron as súas forzas no ano 2000.

Laboratorio do Territorio

O Laboratorio do Territorio (LaboraTe) é un grupo de investigación e docencia integrado por profesores e investigadores de diferentes áreas de coñecemento, onde o territorio en sentido amplo, e especialmente o territorio rural, constitúen o seu principal ámbito de traballo. Liñas de investigación: Ordenación do territorio, desenvolvemento rural, posesión da terra e Xestión do territorio, planificación da paisaxe, Sistemas de Información Xeográfica, fotogrametría e teledetección e cooperación para o desenvolvemento


Acceder

Laboratorio de Biodiversidade

O IBADER é un instituto universitario de investigación científico-técnica situado na cidade de Lugo. Os investigadores centran a súa actividade no Medio Rural, desde unha perspectiva holística e sustentable, a través de dúas grandes liñas: Ambiental (Biodiversidade, Planificación e Ordenación do Territorio, Desenvolvemento Rural, Economía Sustentable, Sistemas de Información Xeográfica, Observación Remota) e Agrosistemas (Recursos Agrícolas, Gandeiros e Forestais, Chans, Auga, Residuos)


Acceder